15 de agosto, cita coa música de Café Quijano en Sanxenxo

Sanxenxo
20 de maio 2025
Actualizado: 13:50

Os irmáns Manolo, Óscar e Raúl Quijano ofrecerán ao público unha velada na que repasarán os seus grandes éxitos e presentarán os temas do seu último traballo discográfico, 'Miami 1990'

Concerto de Café Quijano en Pontevedra
Concerto de Café Quijano en Pontevedra / Cristina Saiz

O grupo leonés Café Quijano actuará o próximo 15 de agosto en Sanxenxo. Será no marco dunha nova edición do festival Costa Feira, segundo anunciaron os seus organizadores.

Con máis de 25 anos de carreira, os irmáns Manolo, Óscar e Raúl Quijano ofrecerán ao público unha velada na que repasarán os seus grandes éxitos e presentarán os temas do seu último traballo discográfico, Miami 1990.

No escenario, os asistentes poderán por tanto gozar dunha combinación perfecta entre a nostalxia e a frescura das súas últimas cancións.

Con nove discos de estudo, un álbum en directo, decenas de premios e colaboracións con artistas como Armando Manzanero, Santana, Celine Dion ou Joaquín Sabina, Café Quijano seguen fieis á súa esencia: elegancia, calidade musical e unha conexión única co público.

A cita de Sanxenxo será unha oportunidade excepcional para celebrar a vida e a música en compañía duns artistas que se gañaron con suor o status de clásicos contemporáneos.

Café Quijano únense a unha espectacular edición de Costa Feira que xa conta con grandes estrelas nacionais e internaciones.

Os concertos anunciados previamente son os de Leiva (2 de agosto), Don Patricio (8 de agosto), Manuel Carrasco (9 de agosto), Gordo (14 de agosto), Camilo (19 de agosto) e Los Secretos (23 de agosto).