'20.000 especies de abellas', película candidata a representar a España nos Oscar chega ao FICBUEU

Bueu
08 de setembro 2023

A película '20.000 especies de abellas', seleccionada entre as 3 precandidatas de España para a vindeira edición dos Oscar, poderá verse este sábado no FICBUEU. A longametraxe, escrita e dirixida pola realizadora alavesa Estibaliz Urresola, proxectarase na noite deste sábado ás 21.30 horas no Centro Social do Mar (Bueu)

Cartaz da película '20.000 especies de abellas'
Cartaz da película '20.000 especies de abellas' / FICBUEU

A película '20.000 especies de abellas', seleccionada entre as 3 precandidatas de España para a vindeira edición dos Oscar, poderá verse este sábado no FICBUEU. A longametraxe, escrita e dirixida pola realizadora alavesa Estibaliz Urresola, proxectarase na noite deste sábado ás 21.30 horas no Centro Social do Mar (Bueu).

A xornada comezará ás 10.30 horas na Sala Multiusos cunha clase maxistral a cargo da investigadora e profesora Nieves Febrer. Baixo o título 'O cotizan, entorno e artificio', Febrer centrarase no concepto do cotián e a súa construción visual a partir de obras de diversos artistas e cineastas.

Ás 12.30 será o turno da conversa 'A estética do cine sensible, o realismo e a cotidianidade no cinema' coa crítica e xornalista Andrea Morán e máis a investigadora e colaboradora da 'Revista Caimán Cuadernos de Cine', Daniela Urzola. Ambas abordarán como é o retrato da vida cotiá no cinema a través da obra de distintas autoras e autores.

Xa pola tarde, as II Xornadas Cinematográficas do FIC continuarán abordando as particularidades e implicacións narrativas e estéticas do cinema sensible e cotián cun encontro co director xaponés Yasujiro Ozu. Tamén participarán Santos Díaz como moderador; Marta Peris, autora da tese 'La casa japonesa a través del cine de Yasujiro Ozu' o catedrático Antonio Santos, especialista en cine xaponés e asiático e autor da tese 'Elogio del silencio: Yasujiro Ozu en los tiempos de estruendo (1903-1963)'; e o profesor Jordi Puigdomènech, investigador e autor de obras como 'Yasujiro Ozu, el tiempo y la nada', entre outras.

Como preámbulo á proxección de '20.000 especies de abellas', a directora de arte do filme, Izaskun Urkijo, falará sobre o seu papel na creación estética da película centrándose na creación e planificación estética do mesmo. Este encontro o dirixirá a tamén directora de arte Elia Robles, quen participou en filmes coma 'Ons ou Melancolía'.

A entrada á proxección custa 3 euros e pode mercarse na tenda en liña do Festival ou no despacho de billetes do FICBUEU dende unha hora antes da proxección.