O 3 de xaneiro sairán á venda os abonos para fieis do festival Revenidas

O Salnés
30 de decembro 2025

Poderán mercarse  dende as 12.00 horas do sábado 3 na web oficial. O prezo dos 500 primeiros abonos é de 55 euros euros  máis gastos de xestión. Os mil seguintes venderanse a 60

Riot Propaganda no Revenidas 2025 Festival Revenidas

Sábado 3 de xaneiro ás 12.00 horas. A data e a hora deberán marcalas en vermello no calendario os espectadores máis fieis ao festival Revenidas de Vilaxoán.

Será o momento no que saian á venda os primeiros 500 abonos para fieis para a edición 2026 do festival, que se celebrará do 10 ao 13 de setembro en Vilagarcía de Arousa e aínda non deu a coñecer o seu cartel. 

Os primeiros 500 abonos sairán á venda a un prezo de 55 euros (máis gastos de xestión) na web oficial do festival, www.revenidas.com.

Os mil seguintes abonos xa se venderán a un prezo maior, 60 euros máis gastos de xestión.

Os abonos dan dereito ao acceso ao festival o xoves 10, o venres 11 e o sábado 12 de setembro. As actividades do domingo 13 son gratuítas.

As persoas que merquen estes abonos tamén poderán reservar xa a zona de acampada do Rial dende a propia web, abonando o suplemento correspondente (15 euros).

A partir do sábado 3 tamén será posible xa facer a recarga previa das pulseiras cashless, con saldos promocionais. As recargas de 20 euros recibirán dous euros a maiores, as de 30 euros bonificaranse con tres euros máis e con sete as de 50 euros.

Os menores de 13 anos poderán acceder ao recinto de xeito gratuíto, pero os menores de entre 13 e 17 anos (ámbalas idades incluídas) deberán adquirir unha entrada de persoa adulta.