A fantástica viaxe de Jonás o espermatozoide fai parada no Pazo da Cultura

Pontevedra
06 de novembro 2016

O  Pazo da Cultura, dentro da programación do Festival das Cóxegas, acolleu este domingo a obra teatral de monicreques para nenos a partir de 5 anos: "El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide"

Representación de "El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide"
Representación de "El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide" / Diego Torrado

O  Pazo da Cultura, dentro da programación do Festival das Cóxegas, acolleu este domingo a obra teatral de monicreques para nenos a partir de 5 anos El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide

A segunda edición do ciclo, que estará composta por 4 espectáculos os domingos entre o 6 e o 27 de novembro, botou a andar este domingo.

O primeiro narraba a historia de Jonás, un diminuto espermatozoide que se negaba a concursar na gran carreira da fecundación. Prefería durmir e lacazanear pracidamente no interior do testículo onde vivía. Pero o tempo acababa, e o noso lacazán e durmiñón espermatozoide tiña que emprender a viaxe máis fantástica e alucinante de toda a súa vida. Unha viaxe sen volta, chea de perigos e aventuras, na busca do óvulo perdido.

A obra, que se representou con éxito en Pontevedra, leva colleitado numerosos premios desde a súa estrea.