'A illa das mentiras' de Paula Cons viaxa finalmente ao Festival Internacional de Cinema de Shanghái

Pontevedra
20 de xullo 2020

Trátase dun dos quince festivais máis importantes do ámbito mundial. Ademais, a primeira longametraxe da directora galega estréase este venres 24 a través da plataforma Filmin.

Fotograma da película ''A illa das mentiras'
Fotograma da película ''A illa das mentiras'

Un dos quince festivais de cinema máis importantes do ámbito mundial, o de Shanghái, terá presenza galega. 'A illa das mentiras', primeira longametraxe da directora galega Paula Cons, foi finalmente seleccionado e participará na sección oficial ' Golden Globet Award'.

O Festival Internacional de Cinema Shanghái é o certame máis importante no continente asiático, a único 'clase A' en China e nesta clasificación, o primeiro que vai ter lugar fisicamente nesta tesitura da pandemia motivada pola COVID19. De feito, ten lugar en xuño, pero a situación sanitaria obrigou a pospoñelo e desenvolverase desde o sábado 25 deste mes ata o dous de agosto.

Esta participación de 'A illa das mentiras' no Festival de Shanghái prodúcese a mesma semana en que se vai a estrear a longametraxe, este próximo venres 24 a través da plataforma Filmin. A estrea presencial nas salas galegas espérase - como sinalou Paula Cons en PontevedraViva - para o 18 de setembro.

A película discorre no contexto histórico do afundimento do barco Santa Isabel xunto á illa de Sálvora en 1921. Encabezan a repartición Darío Grandinetti, Nerea Barros e Aitor Luna. O guión é da propia Paula Cons Varela contando con Luís Marías como coguionista e coproducida pola galega Agallas Films, as vasca Historias do Tío Luís, a arxentina Aleph Cine e laportuguesa Take 2000. 

Está ademais participada pola TVG, RTVE, Euskal Telebista e conta con apoio do AGADIC, Gobierno Vasco, ICAA, o Programa Ibermedia, o INCAA arxentino e o ICA portugués. Filmax é a súa distribuidora nacional e internacional.