A mocidade, centro da IV Xornada de Normalización Lingüística

Pontevedra
18 de xaneiro 2019

Contará coa participación de representantes da Real Academia Galega, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, da Asociación Oral de Galiza e do grupo musical A banda da Loba

III Xornada de Normalización Lingüística Deputación de Pontevedra

Este luns 21 de xaneiro, ás 13.00 horas no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra comezará a IV Xornada de Normalización Lingüística.

O programa intentará centrarse na xuventude e na promoción do uso da lingua entre os adolescentes actuais. O departamento de Cultura e Lingua da Deputación elaboraron un programa en que se intenta dar unha visión plural da situación actual da lingua entre a xente nova.

Henrique Monteagudo, coordinador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (RAG) analizará o estudo que está realizando esta institución sobre a percepcióhn do idioma galego entre a Xeración Z.

Anxos Sobriño, presidente da Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización lingüística, que porá o foco na necesidade de contar con servizos municipais de Normalización e levar a cabo iniciativas que conecten coa mocidade como o modelo Club do debate ou os YouTubeir@s.

Carlos Alonso, presidente da Asociación ORAL de Galicia explicará a recuperación das regueifas e da técnica "do repente galego" entre o colectivo de estudantes. 

Xiana Lastra, integrante do grupo A banda da loba, falará sobre a música realizada en galego e a utilización de obras de autoras galegas para difundir a cultura.

Xosé Leal, deputado de Cultura e Lingua, explicará as bases das axudas para normalizar e dinamizar a lingua galega na provincia. As axudas poden solicitarse ata o 8 de febreiro e conta cun orzamento de 300.000 euros.