A muller inspira á música clásica en Pontevedra

Pontevedra
31 de maio 2022

"Mulleres e inspiración" é o lema do concerto que se celebrará o vindeiro domingo día 5 de xuño ás 19:30h no Pazo da Cultura.

Concerto de Aninovo 2021 da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra Mónica Patxot

"Mulleres e inspiración" é o lema do concerto que se celebrará o vindeiro domingo día 5 de xuño ás 19:30 horas no Pazo da Cultura.

Un ciclo que vira ao redor da figura da muller para pór en valor a música creada por e para mulleres que ademais do concerto integra unha clase maxistral de piano, dúas conferencias e unha mostra de música feita por galegas.

A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra será a intérprete que para nesta ocasión fai o encargo dunha obra feita ad hoc por parte do músico pontevedrés Mario Diz na que participará como solista a pianista compostelá Isabel Pérez Dobarro.

Wo0men é o título desta obra que abrirá o programa do domingo poñendo en valor a historia de amizade xurdida entre Clara Wieck (Schumann)  e Johannes Brahms a través dunha melodía alpina enviada polo compositor alemán e dedicada a Clara recompilada nunha das súas viaxes a Suíza. 

Esta melodía  que está integrada na primeira sinfonía do compositor representa en Wo0men o sentimento puro de amizade que Clara faille constar a Brahms cun dialogo entre piano e orquestra. Ambos se aunan nun único movemento e falan da sintonía entre homes e mulleres máis aló de calquera convencionalismo social.

Mario Diz foi discípulo do recente falecido compositor Antón García Abril na pasada pandemia; aúna coa composición as outras súas paixóns relacionadas coa didáctica desta e a súa docencia na Universidade de Santiago de Compostela ademais da dirección da Orquestra Universitaria ademáis da publicación de "Mi primer violín" un método de ensinanza para o violín que acolle máis de 20 pezas xeradas para este labor.

Nos últimos anos realizou diversas estreas absolutas para o Centro Nacional de Difusión de Música, como o cuarteto de corda Es Gibt Dich interpretado polo recoñecido Cuarteto Bretón, as Tres Pezas para Banda, e outra encarga feita pola mesma OFCP, Catrina, un conto musicado e narrado pola escritora Paula Carballeira que foi o eixo central do Salón do Libro no 2018.

O concerto do vindeiro 5 de xuño acollerá obras representativas coa temática, así como o Concerto en Sol maior para Piano e Orquestra de Marianna Martines (1744-1896), o Concerto para piano e orquestra Op.7 de Clara Wieck Shumann (1819-1896) e outra estrea absoluta da obra titulada 'El último adiós' da ferrolá J.M. Dopico para frauta e orquestras de corda, con frauta solista por parte de Judith Rey, culminando coa obra 'Lonxe do lar queridiño' da compositora galega Carmen Díez (1912-2015) orquestrada polo músico Benxamín Otero. O concerto será dirixido pola directora Cláudia Dubé Orianas e por unha Orquestra Filharmónica integrada para a ocasión exclusivamente por mulleres.