O broche final dos concertos da Semana Grande correu a cargo este domingo do ferrolano Carlos Jean.
O produtor e DJ congregou numeroso público no escenario da Praza de España, na que ofreceu parte do repertorio que o converteu nunha das referencias nacionais da música electrónica.
No concerto Jean presentou temas recentes como 'Lady' ou 'Lifetime', pero tamén éxitos pasados que fixeron a delicia dos presentes.
Ao termo do espectáculo Jean agradeceu aos seus seguidores ter compartido "unos momentos tan míticos" co público pontevedrés.