A música dos '15 bolos' faise notar nas prazas da cidade

Pontevedra
28 de xullo 2015

Tres concertos nas prazas da Verdura, Ourense e Méndez Núñez inauguraron este ciclo creado para promover aos grupos de música da cidade. A actividade prolongarase ata o próximo xoves 30

Concerto de La Casa de los Ingleses no 15 Bolos 2015 Diego Torrado

Pontevedra presume de escena musical un ano máis co ciclo de concertos '15 bolos', creados a partir do Local de Música coa intención de promover ás agrupacións locais.

Tres concertos inauguraron este luns o ciclo noutras tantas prazas do centro histórico.

Ás 19:00 horas Cora Sayers foi a primeira en saltar a escena na Praza da Verdura, mentres ás 20:00 foi quenda para La Casa de los Ingleses na Praza de Ourense e ás 21:00 horas de Rëisk en Méndez Núñez.

Foron os tres primeiros grupos en exhibir a súa música, pero a actividade dos '15 bolos' continúa ata o xoves 30.

Este martes a música repite escenarios e horas nas prazas da Verdura, Ourense e Méndez Núñez coas actuacións de Australia, The Soul Breakers e Marvel Pop.

Pola súa banda o mércores e o xoves a acción desprazarase á Praza do Teucro con senllos microfestivais. AnodhoR, Test Hammer, Skirl, Visceral Eyes e Que Desilusión! tocarán o día 29 dende as 21:00 horas e o xoves será quenda de Aware, Enki, Kaootik e Champurrada.