A música 'feita en Pontevedra' dos 15 Bolos despídese ata o próximo ano

Pontevedra
31 de xullo 2015

Despois de catro días de actividade, os dous últimos con senllos microfestivais na Praza do Teucro, o ciclo de concertos dos grupos locais baixa o pano pensando xa no próximo ano

Última xornada dos 15 Bolos Diego Torrado

Despois de catro días de actividade, os dous primeiros nas prazas da Verdura, Ourense e Méndez Núñez e os dous últimos no Teucro, o ciclo de concertos 15 Bolos baixou o pano.

Pensado para promover a "música feita en Pontevedra", varios grupos que ensaian no Local de Música puideron darse a coñecer entre os seus veciños.

A Praza do Teucro despediu a presente edición con dous días de microfestival, actuando o mércores 29 os grupos AnodhoR, Test Hammer, Skirl, Visceral Eyes e Que desilusión!, mentres o xoves 30 foi a quenda de Aware, Enki, Kaootik e Champurrada.

Antes, na primeira metade dos 15 Bolos, o protagonismo fora para bandas como La Casa de los Ingleses, Cora Sayers, Rëisk, Australia, The Soul Breakers e Marvel Pop.