A música máis Urbana ten dúas citas en Monte Porreiro con Xavibo, Soulmacklein, Foyone e Vértebras

Pontevedra
05 de agosto 2024

As actuacións darán comezo o martes e o mércores ás 21 horas e serán, como é habitual, con entrada libre

Xavibo
Xavibo / Xavibo

A cuarta edición do ciclo Urbana Monte Porreiro botará a andar este martes 6 e achegará ao longo de dúas sesións "o mellor da música urbana".

Vaise desenvolver no Mirador de Monte Porreiro os próximos martes 6 e mércores 7 ás 21 horas.

Tal e como avanzaba o concelleiro de Festas Demetrio Gómez na presentación "coido que este ano, cun importante salto de calidade nas bandas que veñen a presentar os seus espectáculos".

O martes 6 soará "o mellor Hip-Hop que se pode atopar no Estado" co mallorquín Xavibo que vén de presentar o seu novo traballo "Papel de burbujas" no que combina ese hip-hip dos seus comezos con músicas urbanas, pop, etc. 

Caracterízase por ritmos de hip hop cun estilo propio e introspectivo, letras escritas por persoas para persoas, a través das cales plasma os seus sentimentos e emocións.

O pontevedrés Soulmacklein, pola súa banda, formou parte do grupo Delahoja e tras iniciar a súa carreira en solitario apostou por un estilo musical cheo de ritmos reggae e dancehall, sen deixar de lado a crítica social que caracterizaba á banda.

Corazón de hielo No hay Love, nas que colaborou con Rhygin Shabani, son os seus temas máis recentes, cos que segue labrando unha sólida carreira na escena urbana.

O mércores 7 de agosto, pola súa banda, Urbana Monte Porreiro ofrecerá os concertos de Foyone e Vértebras.

Foyone é un rapero que empezou no 2011 cos icónicos Rap Sen Corte, saga coa que rapidamente conseguiu o recoñecemento do mundo do hip hop.

Desde entón editou oito discos de estudo, o máis recente Demoni (2024), no que desafía ás convencións e redefine a escena do rap. 

É quizais una das referencias máis importantes deste momento do rap hispano, en especial en toda Latinoamérica. 

Vértebras é un dúo vigués formado dúas mulleres de diferentes raíces pero coa mesma paixón pola música, Ika Subversiva e Amari.

O estilo no que se define a banda é o música rap, onde se busca dar voz ás súas vivencias persoais así como usar a música para dar voz á crítica social e a quen non ten voz.