A provocación do cabaré adéntrase a partir do xoves no centro histórico

Pontevedra
27 de xullo 2021

Entre o 29 de xullo e o 1 de agosto, cada noite unha agrupación diferente ofrecerá un espectáculo de rúa a partir das 12.00 horas polas rúas do casco antigo e a praza da Ferrería contará con actuacións a partir das 22.00 horas, con entrada libre

Actuación de Las Antonias Band
Actuación de Las Antonias Band

A partir do xoves 29 de xullo comeza o ciclo que combina espectáculo, música e danza baixo a denominación 'Cabaré, cabaré', dentro das actividades programadas con motivo das Festas de Verán do Concello de Pontevedra.

 Entre o xoves e o domingo 1 de agosto, cada día un grupo diferente ofrecerá un pasacalles por diferentes puntos do centro histórico a partir das 12.00 horas. As actuacións serán as seguintes:

-  Trad Cabaré Itinerante (29 xullo)
-  Unha Cadeira Para Mover o Mundo (30 xullo)
-  Cabaredeambulante (31 xullo)
- Valga Jazz & Swing  Band (1 de agosto)

Polas noites, os espectáculos terán como escenario a praza da Ferrería a partir das 22.00 horas con esta programación:

- Las Antonias Band (29 de xullo). Esta banda feminina redeseña cancións clásicas a través do humor e de combinacións de estilos.

-  Menil Swing Sexteto (30 de xullo). Unha agrupación que contará coa participación de Lucas Tadeo, Iria Pinheiro, Lili Berlín e Nelson Quinteiro para ofrecer gipsy-jazz e jazz-manouche, con novas formas de swing.

- Un cabaré berlinés atemporal (31 de xullo). Esta montaxe ofrece unha recreación do ambiente dos  cabarés dos anos 20 e 30 con moita festa e humor.

-  Fala-Me. Trad Cabaré (1 de agosto). O ciclo péchase con este espectáculo da Compañía Nelson Quinteiro que relaciona a danza e a música tradicional en directo con xogos de palabras sen que falte referencias ao sexo na poesía tradicional a través de  glamour "feito na casa".

A entrada aos espectáculos é libre, cumprindo as normativas sanitarias vixentes.