A reedición do libro "O Canón de Pau" esperta interese en Carballedo

Cerdedo Cotobade
09 de febreiro 2019

Preto dun cento de persoas acudiron á presentación da reedición do libro de Salustiano Portela Pazos, veciño do municipio falecido no ano 1976

Presentación da reedición do libro 'O Cañón de Pau" Concello de Cerdedo-Cotobade

A Casa do Concello de Cerdedo-Cotobade, en Carballedo, acolleu este venres a presentación da reedición do libro "O Canón de Pau".

Trátase dunha obra de Salustiano Portela Pazos, clérigo e historiador nado na parroquia de Rebordelo e que escribiu o texto no ano 1913, aínda que non foi publicado ata 1976, ano do seu falecemento.

O libro narra as peripecias e os segredos da resistencia organizada polos veciños de Cotobade contra o exército francés na Guerra da Independencia.

Esta presentación levantou un gran interese, con preto dun cento de asistentes no salón multiusos.

A reedición puido sacarse adiante grazas á colaboración do Concello, as consellerías de Cultura e Educación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora