A Unión Musical de Tenorio edita un disco conmemorativo polos 35 anos da banda

Cerdedo Cotobade
22 de agosto 2022

Cun concerto na Chan, con motivo das festas na honra de San Roque e San Antón, a Unión Musical de Tenorio presentou en directo o disco gravado con motivo do 35 aniversario da fundación desta emblemática agrupación

Presentación do disco da Unión Musical de Tenorio polos seus 35 anos
Presentación do disco da Unión Musical de Tenorio polos seus 35 anos / Concello de Cerdedo-Cotobade

Cun concerto na Chan, con motivo das festas na honra de San Roque e San Antón, a Unión Musical de Tenorio presentou en directo o disco gravado con motivo do 35 aniversario da fundación desta emblemática agrupación.

O disco recolle dez temas variados pertencentes a unha completa selección das mellores obras que a Banda Unión Musical de Tenorio interpretou nos seus concertos nestes 35 anos.

Así, a gravación recolle temas tan coñecidos como El Tío Caniyitas, de Ricardo Dorado; A Little Tango, de Adam Gorb; Fate of the gods, de Steve Reineke; Alborada Galega, de Pascual Veiga; Campo de Noia, de Manuel Molinos; El último romántico, de Reveriano Soutullo; The Wooden Devils, de Harm Evers; Que rico el mambo, de Pérez Prado; Mozos do Penedo, de Manuel Novoa e Tenorio, de Israel Alonso.

Na súa presentación, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, manifestou sentirse "moi orgulloso" do traballo da banda e da súa escola e estar convencido de que estes 35 anos serán os primeiros dos "grandes e numerosos éxitos" que lle esperan a esta agrupación.

O actual director desta banda, creada en 1985, é Gerardo Israel Quintas Alonso, mestre de saxofón e compositor, que, segundo destaca o rexedor, está facendo un extraordinario labor de cara ao futuro da banda.