A tempada de teatro da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) regresou este xoves ao auditorio da sede pontevedresa coa obra Nuestras mujeres de Eric Assous.
A representación, dirixida por Gabriel Olivares e protagonizada por Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, levou ao escenario un drama de actualidade na sociedade española, a violencia de xénero.
Os espectadores asistiron á representación da historia de tres vellos amigos que quedaron para xogar a súa habitual partida de cartas, pero uno deles chegou tarde á súa cita por unha razón de peso: o asasinato da súa muller.
A obra trata temas universais como o valor da amizade, o deber, a idea de xustiza e, por encima de todo, a loita entre o correcto e o incorrecto.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.