A sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno nº42) comeza o ano 2024 coa mostra de Alicia Lamas, titulada na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo en pintura e debuxo.
A artista inaugura este mércores 10 de xaneiro ás 20:00 horas a súa exposición 'Mar, emoción e cor'.
A mostra poderase visitar do 10 ao 27 de xaneiro, no horario habitual do Ateneo: de martes a venres entre as 17:30 e as 20:30 horas, e os sábados de 11:00 a 13:00 horas.
MAR, EMOCIÓN E COR
O Ateneo explica que estas obras están realizadas en técnica mixta con acrílico, e nelas Alicia Lamas emprega diversas formas orgánicas que proceden da natureza, sometidas ao seu peculiar filtro artístico.
As rítmicas pegadas do mar na area, as cores e movementos hipnotizantes do fondo do mar ou as algas coas súas suxestivos e surrealistas formas, inspiran o seu traballo.
A beleza de todas estas formas naturais reside no seu carácter fugaz, xa que, estas mesmas formas non se volverán repetir da mesma forma na natureza.
A partir de esta inspiración, unhas veces busca a expresividade no resultado final da obra, utilizando o contraste de cor para transmitir os sentimentos que evocan nela os distintos elementos representados. Noutras ocasións, faino traballando con elementos matéricos e obxectos reciclados.