Armadiña reivindícase como festival de referencia

Poio
25 de agosto 2019

Este sábado, o prato forte poñíano os bosníacos Dubioza Kolektiv e a banda de Boiro Triángulo de Amor Bizarro, pero, en xeral durante toda a xornada a afluencia de público foi elevada

Segunda noite de concertos de Armadiña Rock 2019 Diego Torrado

A segunda xornada de concertos, e o segundo cheo consecutivo na praza da Chousa de Combarro, dá argumentos dabondo ao Festival Armadiña Rock para reivindicarse como cita musical de referencia nas Rías Baixas. Este sábado, o prato forte poñíano os bosníacos Dubioza Kolektiv e a banda de Boiro Triángulo de Amor Bizarro, pero, en xeral durante toda a xornada a afluencia de público foi elevada. 

Os bosníacos de Dubioza Kolektiv interpretaron sobre o escenario unha música baseada nas súas raíces, mesturando o folclore da súa terra co rock, reggae ou hip- hop cunha mestría que, a pesar das diferenzas culturais, conseguiron que o público de Combarro entregásese e sentise os seus temas como seus.

Triángulo de Amor Bizarro xogaba case en casa. Chegou a Poio como unha das bandas máis importantes do indie estatal e ofreceu unha mestura dun son cercan ao punk-rock con melodías pop. 

A banda sonora da noite completárona referencias do hip- hop en galego como Deus Ke Che Crew, bandas tan importantes como Familia Caamagno, Balkan Bomba ou músicos emerxentes como Los Jinetes del Trópico.

Toda a programación do Armadiña Rock 2019, patrocinado polo Concello de Poio, a Deputación de Pontevedra e Estrela Galicia, pode consultarse a través da súa páxina web oficial.