Tras a melódica voz de Leonor Watling, as matinés do Principal cambiaron de rexistro por completo na súa segunda cita co público pontevedrés. O rock da banda canadense The Sadies foi, nesta ocasión, o que fixo vibrar o patio de butacas do teatro.
En Pontevedra, The Sadies despedíu unha xira que lle levou toda España nas últimas semanas.
O grupo, liderado polos irmáns Dallas e Travis Good, presentaron en directo Northern Passages, o seu décimo disco de estudo. Fixérono nun Teatro Principal case cheo e nun horario, o matinal, pouco habitual para este tipo de concertos.
A pesar da hora, os canadenses amosaron a súa enerxía sobre o escenario e fixeron un repaso polo seu xa longa carreira musical, ante un público entregado desde o primeiro momento a un estilo que hibrida garage, psicodelia, rockabilly surf e bluegrass.
A próxima cita co ciclo As Matinés do Principal será o próximo 6 de maio cun concerto de De Vacas, unha banda galega que versiona coñecidos temas que rescatan para todos os públicos cun formato fresco e divertido con que emocionan e fan rir ao público.