As mellores xogadas do FC Barcelona, a ritmo de danza no Pazo da Cultura

Pontevedra
04 de novembro 2016

Haberá fútbol este sábado en Pontevedra, pero nun escenario inusual e nun formato ao que tampouco estamos afeitos. E é que o Pazo da Cultura acollerá, a partir das 19.30 horas, unha curiosa proposta escénica. Trátase do espectáculo Foot-ball, creado pola compañía de danza Gelabert Azzopardi

Espectáculo "Foot-Ball" da compañía de danza Gelabert Azzopardi Ros Ribas / Pazo da Cultura

Haberá fútbol este sábado en Pontevedra, pero nun escenario inusual e nun formato ao que tampouco estamos afeitos.

E é que o Pazo da Cultura acollerá, a partir das 19.30 horas, unha curiosa proposta escénica. Trátase do espectáculo Foot-ball, creado pola compañía de danza Gelabert Azzopardi.

Foot-ball é a ocasión de ver en xogo aos bailaríns de Gelabert Azzopardi descodificando, coreográficamente, algunhas das mellores xogadas do FC Barcelona, recreadas documentalmente pola mirada do cineasta Jordi Morató e o propio Cesc Gelabert.

A hibridación de linguas -inglés e catalán- que forman o título deste espectáculo serve ao coreógrafo Cesc Gelabert para presentar unha hibridación de dúas das principais linguaxes non verbais da nosa cultura -o fútbol e a danza- e así establecer un diálogo entre a capacidade expresiva e a natureza poética destas manifestacións escénicas.

Esta actuación, que forma parte do ciclo Summum Teatro, aínda ten entradas á venda en www.ataquilla.com. Teñen un prezo de dez euros. No caso de non esgotarse, poderanse comprar no despacho de billetes do Pazo desde dúas horas antes do inicio do espectáculo.