Bandas emerxentes de Pontevedra xuntaranse no Teucro para un novo 15 Bolos

Pontevedra
07 de xullo 2017

Por sexto ano consecutivo, Pontevedra volverá presumir de escena musical emerxente cunha nova edición do certame 15 Bolos. Xa consolidado como festival na praza do Teucro, celebrarase os días 18 e 19 de xullo, a partir das seis da tarde

15 Bolos na praza de Curros Enríquez
15 Bolos na praza de Curros Enríquez / Mónica Patxot

Por sexto ano consecutivo, Pontevedra volverá presumir de escena musical emerxente cunha nova edición do certame 15 Bolos. Xa consolidado como festival na praza do Teucro, celebrarase os días 18 e 19 de xullo, a partir das seis da tarde.

O obxectivo dos 15 Bolos é visibilizar os novos grupos musicais de Pontevedra dun xeito lúdico e divertido, a través dunha escolla previa realizada por un xurado vinculado ao Local de Música da cidade.

Nesta ocasión, serán catorce os grupos que participarán neste festival.

O martes 18 de xullo actuarán Anodhor, Millo Loco, Stock, Los Puta Mierda, Chirri Bomb e Miguel Alberte.

Para o día seguinte, mércores 19 de xullo, quedarán o resto das bandas e artistas, que serán Onion Smile, Nasty Loopers, Australia, Black Dog, Nagai, Bohr e The Trunks.

O último dos 15 Bolos será xa nas Festas da Peregrina. A banda Solfabirras serán os teloneiros de Mago de Oz, que actuará na Praza de España o domingo 13 de agosto.