Buscando á persoa que se encarga do mundo

Pontevedra
25 de xaneiro 2015

Domingos do Principal propuxo nesta ocasión ao público implicarse na procura que leva a cabo a protagonista dunha amiga moi particular que desapareceu, a que se encarga do mundo

'Bailando sin zapatos' de Lasal Teatro Diego Torrado

Domingos do Principal propuxo nesta ocasión ao público implicarse na procura que leva a cabo a protagonista dunha amiga moi particular que desapareceu, a que se encarga do mundo.

Os nenos só tiñan unha pista para poder atopala: gustáballe esconder segredos, crear tesouros con pequenos obxectos, grandes obxectos que escondía en lugares incribles e que eran un anaco dela mesma.

Así sobre o escenario puxéronse a buscalos, a unir todas as pezas para poder atopala. Deste xeito conseguiron saber todo sobre ela. E sobre o mundo.

Bailando sen zapatos é un belo espectáculo que a compañía La Sal Teatro trouxo este domingo ao Teatro Principal para mostrar aos máis pequenos todo un mundo por descubrir e que propuxo unha apaixonante viaxe á vez que unha aventura na que todos participaron.

Tratouse de atopar eses anacos da amiga desaparecida, eses obxectos grandes e pequenos que ela gustaba de esconder en lugares imposibles.

Unha vez máis, aínda que os nenos son os principais destinatarios da obra, os invitados preferentes á fantástica viaxe que organizou La Sal Teatro, Bailando sen zapatos non deixou de ser un espectáculo familiar que terminou cativando a todos os espectadores.