Cantos na Maré: Árdelle o eixo!

Pontevedra
15 de xaneiro 2017

O Pazo da Cultura converteuse este sábado nun espazo para a convivencia, a música, a amizade e a alegría grazas a Cantos na Maré

Cantos na Maré Diego Torrado

O Pazo da Cultura converteuse este sábado nun espazo para a convivencia, a música, a amizade e a alegría grazas a Cantos na Maré.

Esta iniciativa naceu no ano 2003 coa intención de render unha homenaxe ao mar como lugar de encontro de artistas, letristas, músicos, poestas e escritores galegos unidos polos sentimentos e valores culturais do universo galego-portugués.

O que pasou sobre o escenario este sábado foi resumido por Uxía cun expresivo: Árdelle ou eixo!

A cantante Kátya Teixeira achegou as sonoridades da música popular brasileira, Celina de Piedade entregou a alma co seu acordeón desde a súa voz de raiz de norte a sur de Portugal.

Guadi Galego achegou dozura e a calma do norte galego e conseguiu parar o mundo e o tempo. Paulo Flores, unha gloria viva de Angola, seduciu ao público coa sambar e os ritmos cadenciosos da súa terra.

Logo chegaron os sons salvaxes e vibrantes da canción africana. Manecas Costa, que forma parte da gran familia musical de Cantos na Maré desde a edición de 2005, regresou para lembrar ao seu irmán musical, Fran Pérez Narf, con quen gravou un disco Aló Irmao en 2009.

E o artista invitado foi Santiago Auserón, nesta festa dirixida musicalmente por Paulo Borges.