Carlos Sobera con '5 y Acción' enche o Pazo da Cultura de 'Summum Teatro'

Pontevedra
08 de maio 2017

O espectáculo teatral cun reparto cheo de estrelas televisivas provocou a risa do público asistente, entre o que se atopaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Carmen Fouces

'5 y acción' no Pazo da Cultura
'5 y acción' no Pazo da Cultura / Diego Torrado

A comedia 5 y Acción logrou que se enchese este domingo 7 o aforamento do Pazo da Cultura nun espectáculo que forma parte do ciclo Summum Teatro

O público divertiuse con esta divertida proposta teatral formada por un elenco de coñecidos actores, a maioría populares a través da pequena pantalla. Carlos Sobera encabeza o reparto acompañado polo galego Javier Veiga, Marta Hazas, Ana Rayo e Marta Belenguer.

5 y Acción é unha comedia de enredo sobre unha presentadora do tempo, amante do presidente dunha cadea de televisión, que busca ser actriz. Entre o público asistente atopábase o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Carmen Fouces.

A próxima función dentro do ciclo Summum Teatro será o próximo 27 de maio coa obra El Intercambio, ás 21.00 horas no Pazo da Cultura, con Teté Delgado e Gabino Diego. Trátase doutra comedia sobre o intercambio de parellas.

O ciclo pecharase o 3 de xuño con El Padre, cun reparto no que destaca o veterano actor Héctor Alterio.  

As entradas poden adquirirse en venda anticipada a través de Ataquilla.