La Casa de los ingleses, banda pontevedresa de pop alternativo, volve tocar na súa cidade despois de dous anos.
A última vez fora na presentación do seu disco "Veinte minutos antes del fin del mundo".
Agora, o 16 de maio de 2025, regresan á casa para poñer un punto a esta etapa e abrir unha nova.
Nesta ocasión compartirán escenario con Antifrágil, banda viguesa que vén de lanzar o seu EP "Máscaras".
A súa proposta mestura rock alternativo con atmosferas intensas e letras cargadas de personalidade.
Unha banda coa que La Casa de los Ingleses xa compartiu escenario noutras citas e coa que agora volven coincidir en Pontevedra.
O concerto será na Sala ZENNET. As portas abrirán ás 21:15 horas e os concertos comezarán ás 22:00 horas.
Será unha noite para escoitar unha escolma das cancións que máis goza a banda enriba do escenario, un repertorio feito coas súas favoritas de todos os discos… e tamén para descubrir en directo as novas propostas de Antifrágil.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.