A que será a décimo terceira edición do festival Surfing the Lérez xa ten horarios para todos os concertos que se repartirán entre o catro escenarios que se habilitarán na Illa das Esculturas durante o venres 6 e o sábado 7 de xuño.
Será, como é habitual, un evento musical e festivo que converterá a beira do río Lérez nunha auténtica romaría urbana, que incluirá un mercado artesanal ou unha ampla oferta gastronómica.
A entrada será libre pero mantense a vertente solidaria e a organización pide que os asistentes acudan con alimentos non perecedoiros que se poidan doar a organizacións sociais.
O festival arrancará, o venres 6 de xuño ao cinco da tarde, coas actuacións de Antía Muíño no escenario Vibra Mahou, do dúo Nanein no escenario O Panderetas e de Nocturna no escenario NBTB.
Mariagrep, ás 17:50 horas, será a artista que inaugurará o cuarto escenario do Surfing the Lérez, o que levará o nome de Sala Karma como homenaxe a este emblemático local.
O resto dos concertos desta primeira xornada serán os seguintes:
18:50 horas. Repion (escenario Vibra Mahou)
19:00 horas. Carlos Crespo DJ (escenario O Panderetas)
19:50 horas. Montedapena (escenario Sala Karma)
20:00 horas. Anaut (escenario NBTB)
20:30 horas. Kris K DJ (escenario O Panderetas)
20:50 horas. King África (escenario Vibra Mahou)
21:50 horas. Anabel Lee (escenario Sala Karma)
22:00 horas. Duendentena Dilleis (escenario O Panderetas)
22:45 horas. Miguel Costas (escenario NBTB)
23:00 horas. Toldos Verdes (escenario Vibra Mahou)
23:00 horas. Maefield (escenario O Panderetas)
00:00 horas. Shego (escenario Sala Karma)
01:00 horas. La Suprema (escenario O Panderetas)
01:10 horas. Cristalino (escenario Vibra Mahou)
01:30 horas. Néstor Pardo (escenario NBTB)
Con respecto á xornada do sábado 7, o Surfing the Lérez subirá o pano cos concertos de Liorta (13:00 horas, escenario NBTB), Ortiga (13:30 horas, escenario Sala Karma), Capital Voskov (14:40 horas, escenario Vibra Mahou) e Bea Fernandes (14:30 horas, escenario O Pandereitas).
A partir de aí, os horarios das actuacións serán os seguintes:
15:50 horas. Resaca Emocional (escenario Sala Karma)
16:00 horas. Portrait (escenario NBTB)
16:30 horas. DJ Amable (escenario O Panderetas)
16:50 horas. Trashi (escenario Vibra Mahou)
17:50 horas. Las Dianas (escenario Sala Karma)
18:15 horas. Jarabo (escenario NBTB)
18:30 horas. Señora DJ (escenario O Panderetas)
18:50 horas. Melifluo (escenario Vibra Mahou)
19:50 horas. Karavana (escenario Sala Karma)
20:15 horas. Santi Araújo (escenario NBTB)
20:30 horas. DJ Dinero (escenario O Panderetas)
21:00 horas. Alba Reche (escenario Vibra Mahou)
22:00 horas. Ángel Stanich (escenario Sala Karma)
22:30 horas. BB.WAV + B2B Elba (escenario O Panderetas)
23:00 horas. Arizona Baby (escenario NBTB)
23:25 horas. Cora Yako (escenario Vibra Mahou)
00:25 horas. Grande Amore (escenario Sala Karma)
01:00 horas. Gorlitox (escenario O Panderetas)
01:30 horas. Grima (escenario NBTB)
01:40 horas. Levitants (escenario Vibra Mahou)