Cheo absoluto no Teucro para o concerto da Banda Xuvenil de Salcedo e a Unión Musical de Valadares

Pontevedra
05 de xullo 2015

A praza do Teucro acolleu a estrea dunha nova edición, a décima xa, do ciclo musical da Banda de Música de Salcedo. E como en anteriores ocasións, cun éxito absoluto

Concerto da Banda de Música Xuvenil de Salcedo e a Unión Musical de Valadares Diego Torrado

A praza do Teucro acolleu a estrea dunha nova edición, a décima xa, do ciclo musical da Banda de Música de Salcedo. E como en anteriores ocasións, cun éxito absoluto.

O primeiro dos seus concertos, un encontro de bandas xuvenís no que ademais da de Salcedo estaba invitada a banda escola da Unión Musical de Valadares (Vigo), fixo que a praza quedase pequena ante o gran número de pontevedreses que decidiron gozar desta tranquila reunión musical.

A banda viguesa, dirixida por Maximino Iglesias Ramilo, interpretou un repertorio composto por pezas de Boudot, Pascual Veiga, Jacobe de Haan, Agustín Lara, Claude François e José María Tarridas. E a xuvenil de Salcedo, que volveu contar con Marcel Van Bree na batuta, tocou obras de Jacobe de Haan, Warren Barker, Ferrer Ferrán ou James Swearingen, entre outros.

O ciclo da Banda de Música de Salcedo continuará o próximo sábado 11 de xullo cun encontro de corais no que participarán, ademais da Coral de Salcedo, formacións chegadas de Chantada e Rábade (Lugo).