Pontevedra gozará, un ano máis, co ciclo de cine na rúa "Cinema e estrelas".
Do martes 7 de xullo ao sábado 11, a praza da Pedreira, acollerá todos os días ás 11 da noite a exhibición dunha extraordinaria selección de películas feita polo Cineclube de Pontevedra.
O presidente do Cineclube Pontevedra, Ramón Poza e o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentaron este xoves esta actividade gratuíta e aberta a toda a cidadanía.
Todas as películas poderanse ver en version orixinal subtitulada en español (VOSE).
O martes 7 de xullo proxectarase "Kneecap", unha comedia dramática de 2024. Escrita e dirixida por Rich Peppiatt, a película retrata o ascenso de Kneecap, un trío de hip-hop irlandés de Belfast, Irlanda do Norte. A película está protagonizada polos membros da banda como eles mesmos.
Kneecap estreouse no Festival de Cine de Sundance de 2024 o 18 de xaneiro, sendo a primeira película en lingua irlandesa en facelo, onde gañou o Premio do Público NEXT. Recibiu nomeamentos en seis categorías na 78.ª edición dos Premios BAFTA da Academia Británica e foi seleccionada como a entrada irlandesa para os Premios Óscar.
Sinopsis: En Irlanda hai 80.000 falantes de gaélico, 6.000 viven no norte e tres deles están dispostos a xerar controversia cando formen un trío de rap chamado Kneecap. Anárquicos, salvaxes e dispostos a todo para salvar a súa lingua materna.
O martes 7 de xullo proxectarase "A moza zurda" unha película dramática de Taiwan de 2025 dirixida, producida e coescrita por Shih-ching Tsou.
A película foi estreada mundialmente o 15 de maio na Semana da Crítica do Festival Internacional de Cine de Cannes de 2025. Foi seleccionada como a película taiwanesa a mellor película internacional na 98.ª edición dos Premios Óscar. Como curiosidade. A película foi filmada cun iPhone.
Sinopsis: I-Jing múdase a Taipei coa súa nai e a súa irmá maior. A súa nai, Shu-Fen, abre un posto de comida no mercado nocturno e ten que lidar coa enfermidade terminal do seu exmarido. A súa irmá maior, I-Ann, traballa nunha sospeitosa tenda de noces de betel e déitase co dono. I-Jing, pola súa banda, lida cos problemas económicos da súa familia e cun avó que desaproba que use a man esquerda, a "man do diaño".
O xoves 9 poderase ver "A receita perfecta", unha película francesa de 2024 dirixida por Louise Courvoisier. Marca o debut cinematográfico da directora, así como o debut en pantalla de Clément Faveau, quen interpreta ao mozo campesiño Totone.
A película estreouse na sección Un certain regard do Festival Internacional de Cine de Cannes de 2024, onde conseguiu catro nomeamentos aos premios César, gañando os de mellor primeira película e mellor actriz revelación (para Maïwène Barthélémy).
Sinopsis: Anthony, "Totone", ten 18 anos e vive coas preocupacións típicas dun mozo da súa idade ata que unha noite, o seu pai sofre un accidente de coche e morre. "Totone" vese obrigado a converterse no adulto da familia e coidar da súa irmá pequena de 7 anos. Como o seu pai non lles deixou cartos, o mozo terá buscarse a vida. Entón, Totone escoita unha conversa que menciona o concurso de queixo comté. Como o premio é de 30 000 euros, o mozo porase ao choio e, aínda que non sabe facer queixo.
O venres 10 poderase ver "Arco", unha película animada de ciencia ficción de 2025 escrita e dirixida por Ugo Bienvenu e producida por Natalie Portman.
A película estreouse mundialmente na sección Proxeccións Especiais do Festival de Cine de Cannes de 2025 o 16 de maio. Foi nomeada a Mellor Película de Animación na 31.ª edición dos Premios da Crítica Cinematográfica e na 83.ª edición dos Globos de Ouro.
Sinopsis: Arco, de dez anos e residente no ano 2932, viaxa no tempo ao ano 2075, onde coñece a Iris. O seu dispositivo de viaxe temporal está avariado, e coa súa axuda tenta atopar a maneira de regresar ao futuro, mentres é perseguido por tres conspiranoicos decididos a demostrar que Arco viaxou desde o futuro.
A última proxección será o sábado día 11, sábado 11, "O home que matou a Liberty Balance", unha película wéstern estadounidense de 1962 dirixida por John Ford e protagonizada por John Wayne e James Stewart.
A cinta será proxectada en 35 mm e narra a historia de Ransom Stoddard (Stewart), un avogado idealista que chega ao pobo de Shinbone e enfróntase ao desapiadado fuxido Liberty Valance (Lee Marvin). A medida que a tensión crece, Stoddard vese envolvido nun conflito entre a xustiza da lei e a violencia do Salvaxe Oeste, o que o obriga a cuestionar os seus principios e valores.
Trátase dun dos wésterns máis prestixiosos do seu director e un clásico do xénero en definitiva.