Colas de espectadores na posta de longo da aula de teatro do CIM

Pontevedra
30 de novembro 2014

Un espectáculo entretido, emotivo e con moita forza. Así definen dende a aula de teatro do Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra Ramón Ramón. Para poder acudir a vela, os espectadores fixeron cola ás portas do Teatro Principal, acumulándose tanta xente que a ringleira chegou ata o antigo edificio do Concello

A aula de teatro do CIM representa 'Ramón Ramón' no Teatro Principal

Un espectáculo entretido, emotivo e con moita forza. Así definen dende a aula de teatro do Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra Ramón Ramón, a obra que presentaron este domingo. Para poder acudir a vela, os espectadores fixeron cola ás portas do Teatro Principal, acumulándose tanta xente que a ringleira ocupou varios metros e chegou ata o antigo edificio do Concello na Praza de España.

Con esta actuación da aula de teatro que dirixe Andrea Bayer, de Baobab Teatro, a Concellaría de Igualdade de Pontevedra dá por rematada a programación da campaña do 25 de novembro, Día Internacional da erradicación da violencia sobre a muller.

Ramón, Ramón conta unha historia dun grupo de mulleres que está a ensaiar para o estreno do espectáculo e aí van xurdindo historias de cada unha das protagonitas. 

A aula de teatro do CIM é un grupo de mulleres que nace da petición e da necesidade de ir máis alá cos cursos de iniciación ao teatro. Ao longo destes últimos anos víñanse impartindo cursos de iniciación ao teatro para mulleres a través do CIM, e unha vez rematados as usuarias pedían máis. Ante esta elevada demanda, propúxose formar un aula cun obxectivo: a preparación e montaxe dun espectáculo teatral.