Comezan as charlas no rural sobre os novos composteiros individuais

26 de febreiro 2026

O concelleiro de Servizos Urbanos Básicos, Xaquín Moreda, e a empresa Prezero inician a proposta de servir composteiros para lembrar que a compostaxe individual nas parroquias pasa a ser obrigatoria

Entrega do primeiro composteiro individual en Tomeza
Entrega do primeiro composteiro individual en Tomeza / Concello de Pontevedra

A concellería de Servizos Urbanos Básicos e a empresa de servizo de xestión de residuos Prezero inician un plan informativo para o rural pontevedrés.

Esta iniciativa enfócase no cambio do novo contrato de residuos que ten como principal innovación que a compostaxe individual nas parroquias pasa a ser unha acción obrigatoria en todas as vivendas.

Tal e como explica o concelleiro Xaquín Moreda, o obxetivo e lograr que os residuos deixen de verse como lixo para que "se convertan en recursos útiles para o noso medio".

Nos próximos días, o persoal de Prezero visitará vivendas das parroquias para comprobar como funcionan os composteiros que xa foron entregados en anos anteriores e para resolver dúbidas.

Se realizarán reunións nas que as persoas que aínda non teñan un composteiro poderán solicitalo. 

As charlas celebraranse en distintas parroquias, comezarán en Alba – A Devesa, este mércores 26 de febreiro, no Local Social da Devesa ás 19.00 horas.

O venres 27 de febreiro haberá dúas sesións: en Campaño – Sabarís, no Local Social de Sabarís ás 18.00 horas, e en Campañó, na Casa da Cultura ás 20.00 horas.

O 28 de febreiro celebraranse en Alba – Reiriz, no Local Social ás 18.00 horas, e en Cerponzóns, no Centro Social de Cerponzóns ás 20.00 horas.

O luns 2 de marzo será a quenda de Lérez, na Casa da Cultura ás 18.30 horas. O venres 6 de marzo terán lugar en San Andrés de Xeve, no Teleclube de Xeve ás 18.00 horas, e en Santa María de Xeve, no Local Social ás 20.00 horas.

Por último, o sábado 7 de marzo celebraranse en Bora – O Pío, na Antiga Escola do Pío ás 18.00 horas, e en Bora – O Salgueiral, no Centro Cultural do Salgueiral ás 20.00 horas.

Dende o Concello lembran que no composteiro poden botarse restos de froita, verduras, pousos de café ou papel de cociña usado. Pola contra, non se deben depositar carnes, peixes nin alimentos xa cociñados.