Comeza unha homenaxe a Carvalho Calero a cargo do departamento de Lingua da Deputación

Pontevedra
11 de maio 2020

A institución provincial desenvolverá unha campaña promocional realizada en colaboración coa Asociaciación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que consistirá na difusión de 24 vídeo de autores da provincia lendo fragmentos de obras do escritor homenaxeado

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero

As redes sociais da Deputación de Pontevedra proxectarán ao longo desta semana na que se celebra o Día das Letras Galegas unha selección de 24 vídeos de autoras e autores da provincia, que se encargarán de ler fragmentos de obras de Ricardo Carvalho Calero, o escritor homenaxeado neste 2020.

O departamento de Lingua da institución provincial pon en marcha un programa de actividades baixo o lema "A nosa lingua é a nosa identidade" coa intención de poñer en valor o galego como parte de toda a vida e do ser Galicia como país. 

A deputada María Ortega, responsable deste departamento, sinala que esta campaña promocional realízase coa colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A iniciativa realízase esta semana aínda que os actos oficiais das Letras Galegas desprázanse a outubro ante a situación de estado de alarma derivada da expansión do coronavirus.

Ao longo destes días, as redes sociais e a páxina web da Deputación difundirán estes fragmentos coa lectura de obras do creador ferrolán a cargo de Fina Casalderrey, Carlos Taboada, María Xosé Porteiro, Miguel Anxo Alonso, Eva Mejuto, Rafael Fernández Lourenzo, Miriam Ferradáns, Ramón Caride, Tamara Andrés, X. Rodríguez Álvarez, Montse Fajardo, Xosé Luna, Susana Sánchez Arins, Xosé Daniel Costas, Lucía Novas, Álex Alonso, Iria Misa, Cruz Martínez, Nee Barros, Ramón Nicolás, Macamen Alonso, Marta Dacosta e Elena Gallego.