O concerto de Jennifer López reuniu a 13.500 espectadores no parque de Tafisa

Pontevedra
09 de xullo 2025
Actualizado: 16:04

A Policía Local traslada que todo se desenvolveu "segundo o previsto e sen incidencias". Tiveron que regular o tráfico nas inmediacións, onde, ao termo do espectáculo houbo retencións

Concerto de Jennifer Lopez en Pontevedra

Xa hai cifra oficial. O concerto de Jennifer López reuniu a 13.500 espectadores no parque de Tafisa na noite deste martes.

Así o indicou o Concello de Pontevedra, que colaborou coa cita musical que organizaron na cidade The Last Tour e Play Plan.

O Concello tamén puxo en marcha durante a noite e as primeiras horas da madrugada un dipositivo especial de seguridade da Policía Local. E tamén se despregou na zona un amplo operativo da Policía Nacional.

A Policía Local traslada que todo se desenvolveu "segundo o previsto e sen incidencias".

Os axentes municipais tiveron que regular o tráfico nas inmediacións do parque de Tafisa e a ponte dos Tirantes e confirma que, ao térmno do espectáculo, houbo retencións de circulación, ao coincidir todos os espectadores ao mesmo tempo.

A cita, que abriu a xira europea da artista estadounidense de orixe puertorriquieño, durou practicamente dúas horas e utilizou un escenario uns 16 metros de altura e preto de 30 de boca.

A artista estadounidense actuou acompañada do seu corpo de baile e o seu espectáculo en Pontevedra contou con pantallas e cunha complexa montaxe de luces.