Conferencia de Ana Cabana sobre mulleres e protesta social no franquismo

Pontevedra
14 de xaneiro 2015

"Mulleres diante. Unha revisión da protesta social nas primeiras décadas do franquismo na provincia de Pontevedra dende a perspectiva de xénero" é o título da conferencia da historiadora Ana Cabana que terá lugar o venres 16 de xaneiro de 2015 ás 20 horas na Casa das Campás (sala da planta baixa)

Xuntanza das traballadoras de Pontesa Memoria das mulleres

"Mulleres diante. Unha revisión da protesta social nas primeiras décadas do franquismo na provincia de Pontevedra dende a perspectiva de xénero" é o título da conferencia da historiadora Ana Cabana que terá lugar o venres 16 de xaneiro de 2015 ás 20 horas na Casa das Campás (sala da planta baixa).

Organiza a Concellaria de patrimonio histórico do Concello de Pontevedra dentro da programación A memoria das Mulleres.

Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, Lugo, 1976) é doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2006) con Premio Extraordinario, coa tese Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), dirixida polo Profesor Lourenzo Fernández Prieto. Actualmente é profesora contratada doutora no Campus de Lugo da USC.

Completou a súa formación con estadías en diversos centros de investigación como o Centro de Etnoloxía Portuguesa (Universidade Nova de Lisboa), a London School of Economics e a Universidade Autónoma de Madrid.

As súas liñas de investigación son: historia contemporánea, historia agraria, historia rural, historia de Galicia.