Contra a violencia machista, tamén teatro: 'A herdanza' encheu o Teatro Principal

Pontevedra
01 de decembro 2015

Con motivo dos actos do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a aula de teatro do CIM de Pontevedra volveu a estrear un novo espectáculo. Trátase de A herdanza, que se representou este domingo nun abarrotado Teatro Principal

Representación de "A herdanza", a cargo da aula de teatro do CIM
Representación de "A herdanza", a cargo da aula de teatro do CIM / Diego Torrado

Con motivo dos actos do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a aula de teatro do CIM de Pontevedra volveu a estrear un novo espectáculo. Trátase de A herdanza, que se representou este domingo nun abarrotado Teatro Principal.

A obra, que formaba parte dos actos organizados polo Concello para conmemorar esta data, estivo dirixida por Andrea Bayer e protagonizada polos membros deste grupo de teatro afeccionado.

Esta nova versión da comedia A herdanza propoñía cambios de roles, personaxes patéticos e situacións ridículas e esaxeradas para visibilizar situacións de violencia de xénero e desigualdade. 

A entrada para asistir a esta representación foi gratuíta.