Unha mostra itinerante para fomentar a "actitude crítica" contra a violencia machista

Pontevedra
04 de febreiro 2016

O Sexto Edificio do Museo inaugurou este mércores a exposición Violencia Zero, una mostra itinerante que recolle os resultados do proxecto de acción artística contemporánea Mulleres en acción: violencia zero levado a cabo o pasado 25 de novembro no espazo público de dez concellos da provincia

Carmela Silva, na inauguración da exposición "Violencia Zero"
Carmela Silva, na inauguración da exposición "Violencia Zero"

O Sexto Edificio do Museo inaugurou este mércores a exposición Violencia Zero, una mostra itinerante que recolle os resultados do proxecto de acción artística contemporánea Mulleres en acción: violencia zero levado a cabo o pasado 25 de novembro no espazo público de dez concellos da provincia.

Esta mostra percorrerá os concellos -entre eles Pontevedra, Vilagarcía ou Caldas de Reis- nos que se desenvolveu o proxecto co obxectivo de reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país e, por extensión, no mundo.

Ademais de fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica cara esta lacra social, a mostra promove tamén a visibilidade das artistas novas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista. 

Artistas como Carme Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova foron as encargadas de dar corpo a Mulleres en acción: violencia zero.