A praza da Ferrería acolleu este sábado o concerto da cantautora pontevedresa Cora Velasco. A cantante, actriz, hostaleira foi moi aplaudida polo público.
Mentres, no escenario da Praza de España actuaba Sabela. Ambas representan "o talento da mocidade e a gran aportación da muller á cultura galega", en palabras da concelleira de Festas, Carme Da Silva. Nas pistas de Campolongo actuou o grupo coruñés Triángulo de Amor Bizarro.
A música foi a protagonista nas rúa da Boa Vila durante a xornada do sábado nas festas da Peregrina.
Do mesmo xeito que nos días precedentes, as actuacións tiveron lugar en diferentes enclaves da cidade do Lérez con horarios que se solapan para, deste xeito, minimizar o risco de que se produzan masificacións que poidan incrementar o perigo de contagios do covid-19.