Curtas Festival do Imaxinario acollerá este 2026 a dúas grandes figuras características do xénero fantástico-terrorífico en Galicia. Traballarán xuntos para crear esta historia, que combina o formato dixital e físico, chamada Historias desde o Limiar.
Manuel Losada, o aclamado escritor de thriller e misterio pontevedrés, conseguiu ser recoñecido tanto pola crítica como polos seus seguidores, adxudicándolle o nome do referente mundial das historias de terror no mundo da literatura.
Grazas á súa destreza para intensificar os ambientes causando unha reacción nos lectores, situouse como unha das voces características da narrativa de misterio galega, sendo unha aposta segura para o festival.

Santipérez, o debuxante que participou no certame en 2025 e impresionou os espectadores coas súas habilidades, creou o seu estilo desde a influencia de Bernie Wrightson, modelo de ilustrador internacional.
Debido á súa participación en 2025, consolidouse a súa capacidade para crear estes mundos da man de Manuel Losada.

En 2020, os organizadores víronse obrigados a frear a representación desta liña editorial polo que esta historia servirá para mostrar a súa reincorporación, coa combinación de formatos como unha metáfora das sombras e criaturas que queren penetrarse no noso mundo.
As narracións publicaranse de forma periódica, a primeira xa se pode consultar na páxina oficial de Curtas Festival do Imaxinario.
Esta forma híbrida de contar historias supón unha novidade no festival, dando por primeira vez a posibilidade de adentrarse no universo do festival antes da súa celebración.
A organización explica: "para Curtas Festival do Imaxinario é unha verdadeira honra contar coa pluma de Manuel Losada e a arte de Santipérez. Levabamos moito tempo querendo colaborar pola súa mestría para tecer tramas arrepiantes e crear mundos visuais hipnóticos. Esta colaboración permítenos desenvolver o lore no que traballamos desde o pasado ano e que a mitoloxía de Curtas Festival do Imaxinario 2026 cobre vida propia".
Os inicios deste evento remóntanse a 1973, sendo o primeiro referente dos certames audiovisuais en Galicia e recoñecido pola EFFE Label 2026-2027, outorgado pola European Festivals Association (EFA), ademais de aparecer na lista Dread Central como un dos 90 mellores de xénero no mundo.
Non só é unha representación audiovisual, senón que combina cine, literatura, cómics e artes visuais, declarado Evento de Interese Turístico polo Concello de Vilagarcía de Arousa.
A súa celebración terá lugar entre o 23 de outubro e 1 de novembro, ofertando unha gran variedade de curtametraxes e longametraxes internacionais acompañados de talleres, charlas de grandes creadores e exposicións.