Chegan as Festas do Carme 2024 a Marín e a Banda de Música de Marín - Musimarín volverá ter un protagonismo fundamental durante os próximos días con diversas actuacións.
A primeira cita será durante o acto de entrega dos Premios Facendo Historia, que terá lugar este domingo 7 de xullo, ás 13.00 horas, diante da entrada da Casa do Concello de Marín.
Está previsto que a banda interprete unha varidad de pezas de música popular.
A segunda actuación chegará o xoves 11 de xullo, ás 21.00 horas, cun concerto na Alameda Rosalía de Castro de Marín.
Neste caso, a banda ofrecerá pezas populares combinadas con outras tradicionais e mesmo versións de música pop.
Xa o martes 16 de xullo, ás 19.00 horas, a banda acompañará á Procesión da Virxe do Carme polas rúas da vila ata chegar ao porto.
Trátase dun acto relixioso e cultural en que a Banda de Música de Marín achegará elementos musicais dentro do ambiente de devoción desta celebración.
Por último, o venres 6 de setembro vai desenvolverse o Concerto da Familia, destinado principalmente ao público infantil acompañado de familiares. Os datos sobre o lugar de celebración aínda están a se estudar por parte da organización.