Días de moita actividade na Banda de Música de Marín

Marín
04 de xullo 2024

A agrupación será parte fundamental da celebración das Festas do Carme con diferentes actuacións durante as vindeiras datas. Este domingo 7 de xullo participará ás 13.00 horas no acto de entrega dos Premios Facendo Historia, diante da entrada do Concello de Marín

Banda de Música de Marín Banda de Música Municipal de Ribadumia

Chegan as Festas do Carme 2024 a Marín e a Banda de Música de Marín - Musimarín volverá ter un protagonismo fundamental durante os próximos días con diversas actuacións.

A primeira cita será durante o acto de entrega dos Premios Facendo Historia, que terá lugar este domingo 7 de xullo, ás 13.00 horas, diante da entrada da Casa do Concello de Marín. 

Está previsto que a banda interprete unha varidad de pezas de música popular.

A segunda actuación chegará o xoves 11 de xullo, ás 21.00 horas, cun concerto na Alameda Rosalía de Castro de Marín.

Neste caso, a banda ofrecerá pezas populares combinadas con outras tradicionais e mesmo versións de música pop.

Xa o martes 16 de xullo, ás 19.00 horas, a banda acompañará á Procesión da Virxe do Carme polas rúas da vila ata chegar ao porto. 

Trátase dun acto relixioso e cultural en que a Banda de Música de Marín achegará elementos musicais dentro do ambiente de devoción desta celebración.

Por último, o venres 6 de setembro vai desenvolverse o Concerto da Familia, destinado principalmente ao público infantil acompañado de familiares. Os datos sobre o lugar de celebración aínda están a se estudar por parte da organización.