Dous mil escolares descubrirán o Conservatorio de Música participando en concertos didácticos

Pontevedra
09 de abril 2013

O Conservatorio de Música Manuel Quiroga volve a abrir as súas portas, por segundo ano consecutivo, para organizar una serie de concertos didácticos destinados aos alumnos dos centros de ensino de Pontevedra e da súa comarca. Aínda que desta vez cunha novidade. En lugar de celebrar concertos en cada un dos colexios, serán os rapaces os que visiten este centro profesional de música

Anxos Riveiro e o director do Conservatorio Manuel Quiroga, Luis Costa PontevedraViva

O Conservatorio de Música Manuel Quiroga volve a abrir as súas portas, por segundo ano consecutivo, para organizar una serie de concertos didácticos destinados aos alumnos dos centros de ensino de Pontevedra e da súa comarca. Aínda que desta vez cunha novidade. En lugar de celebrar concertos en cada un dos colexios, serán os rapaces os que visiten este centro profesional de música.

ÿ una das actividades que o conservatorio organizou co gallo do seu 150 aniversario. O obxectivo é, segundo destacou o seu director, Luis Costa, "abrir o conservatorio á cidade". En total, serán uns 2.000 rapaces os que participen nunha iniciativa na que xa están inscritos centros como Álvarez Limeses, San Xosé, Sagrado Corazón, Campolongo, Fina Casalderrei, San Martiño, a escola infantil da Parda ou os CEIP de Bueu e Marín.

Trátase dun proxecto que se impartirá os días 24, 25 e 26 de abril nas instalacións do conservatorio e consistirán nun concerto moi dinámico e interactivo nos que se fará unha montaxe seguindo o guión da A frauta máxica de Mozart, en colaboración con Viravolta títeres e co acompañamento dun grupo de cámara de dez profesores do centro que farán unha selección de pezas desta obra.

Anxos Riveiro, concelleira de Cultura, destacou o grande éxito da pasada edición por iso o seu departamento volveu a apostar por este formato á hora de achegar a música ao público infantil. De feito, Luis Costa destacou que, nalgúns casos, iniciativas como esta serven para espertar nos rapaces o seu amor pola música e acaban cursando estudos no conservatorio.

Esta actividade únese a outra que comeza este mesmo martes e que pretende achegar o traballo que se realiza no conservatorio a todos os pontevedreses. Estamos falando do programa O conservatorio na rúa, no que alumnos e profesores do centro protagonizarán varios concertos en diferentes recunchos da cidade como a Praza da Verdura, a Praza do Teucro ou as Ruínas de Santo Domingo, co obxectivo de achegar o seu traballo á cidadanía. Serán cinco concertos entre o 9 e o 19 de abril.