Dúas mulleres optan a dirixir o Museo de Pontevedra: Ángeles Tilve e Nuria Serrano

Pontevedra
06 de novembro 2025
Actualizado: 17:39

Son as únicas persoas que cumpriron as bases que rexían este proceso. Outro catro foron excluídas por non acreditar a condición de funcionarias A1 nin a experiencia esixida

Ángeles TIlve
Ángeles TIlve / Mónica Patxot

O Museo de Pontevedra seguirá tendo directora. E é que dúas mulleres quedaron soas no proceso aberto para ocupar o cargo de dirección na entidade pontevedresa.

Unha delas é a actual directora en funcións, Ángeles Tilve, no cargo desde 2023.

A outra, Nuria Serrano, unha das responsables de exposicións do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela.

Son as únicas que cumpriron as bases que rexían este proceso.

Outras catro persoas foron excluídas por non acreditar a condición de funcionarias A1 nin a experiencia esixida para dirixir o Museo de Pontevedra.

Así o recolle este xoves o Boletín Oficial da Provincia (BOP), que outorga un prazo de tres días para que os excluídos poidan alegar ou corrixir erros na súa solicitude.

Ángeles Tilve, que se converteu no seu día na primeira muller que dirixía o museo pontevedrés, é unha investigadora de longa traxectoria.

Foi unha das artífices, entre outras cousas, da incorporación ao Museo dos orixinais do Álbum Nós de Castelao.

Pola súa banda, Nuria Serrano, madrileña afincada en Galicia, forma parte do actual equipo directivo do CGAC.

Antes deste destino, traballou entre outros no Museo das Peregrinacións, tamén en Santiago de Compostela.