E con Lola Índigo a Praza de España volveu quedar pequena

Pontevedra
19 de agosto 2019

A instalación de pantallas xigantes que mostren o que está a ocorrer sobre o escenario é unha das propostas que se expuxeron para dar solución a quen se quedou nas rúas Michelena, Riestra e nos arredores da Alameda sen poder gozar do espectáculo

Concerto de Lola Índigo
Concerto de Lola Índigo / Diego Torrado

De novo a Praza de España foi insuficiente para acoller a todo o público que este domingo acudiu a ver o concerto de Lola Índigo.

A ex concursante de Operación Triunfo demostrou unha gran capacidade de atracción como xa fixeron esta semana Rozalén e Beret, desbordando o aforo da Praza.

A instalación de pantallas xigantes que mostren o que está a ocorrer sobre o escenario é unha das propostas que se expuxeron para dar solución a quen se quedou nas rúas Michelena, Riestra e nos arredores da Alameda sen poder gozar do espectáculo.

O último concerto das Festas da Peregrina foi tamén o máis bailado ao ritmo de éxitos como "Mujer Bruja", "Maldición" e "Ya no quiero ná".

Con este repaso de Lola Índigo aos temas do seu disco "Akelarre" e co estrondo dos fogos de artificio lanzados desde o peirao das Corbaceiras termina a Semana Grande das Festas da Peregrina, que este luns vivirá o Día do Neno, coa tradicional rebaixa no prezo das atraccións.