A artista chipriota Eleni Foureira foi, musicalmente, unha das grandes triunfadoras do 2018. O seu segundo posto no Festival de Eurovisión, coa súa canción 'Fuego', converteuna en todo un referente internacional. E agora, dentro duns meses, poderemos gozar dela en directo.
Ela será a gran estrela dos concertos que o Concello de Poio está programando de cara á Festa do Mar, que se celebrará en Combarro entre os días 21 e 25 de agosto.
A súa actuación, que será gratuíta, non ten data confirmada.
Xunto con Eleni Foureira, a Festa do Mar contará tamén cos concertos do compositor dominicano Henry Méndez e do cantante gaditano David de María.
A ampla oferta musical desta XIX edición da festa complementarase coa segunda edición do Festival Infantil Chalaniña, as dúas xornadas de música rockeira do festival Armadiña Rock e a VII Mostra da Canción Mariñeira.