A compañía Teatro ó Cubo levou a "o faiado" a todas as familias que acudiron este domingo ao Principal de Pontevedra.
Foi unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuaron con monicreques, sombras chinescas, baile e cantaron en directo.
Pablo Sánchez (Pablísimo) é o director desta proposta escénica que conta no seu elenco con Alfredo P. Muíño (Fredi), Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño.
Un espectáculo que nos falou de tres irmáns con xeitos diferentes de ver o mundo.
Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia.