Xa temos o cartel musical ao completo para o festival PortAmérica, que celebrará a súa próxima edición entre os días 9 e 11 de xullo na Azucreira de Portas.
Así, as imparables Fillas de Cassandra estrearanse en Portas para presentar en directo o seu esperado segundo disco. Actuarán no festival o xoves 9 de xullo.
En Tertùlia, o título deste novo traballo musical, a electrónica contemporánea e a experimentación atópanse tanto coas voces como coas harmonías.
As viguesas descríbeno como "rabiosamente contemporáneo e feminista".
Compartirán escenario con Rigoberta Bandini, Niña Polaca, The Rapants, Key Kid, Marina Reche e Amoebo.
Hombres G, Eliades Ochoa, M-Clan, Sexy Zebras, Grande Amore, Repion, Eladio y Los Seres Queridos, Alejo e Candela Liste actuarán, pola súa banda, o venres 10.
PortAmérica despedirase o sábado 11 cos concertos Dani Martín, Xoel López, Amaia, Sanguijuelas del Guadiana, Instituto Mexicano del Sonido, Orkesta Mendoza, Meridian Brothers, Nortec: Bostich+Fussible e Noelia Franco.
Pola súa banda, o Escenario Azucreira de PortAmérica apostará un ano máis pola inclusión e a visibilidade de talento emerxente.
Regresará por terceiro ano consecutivo o aplaudido grupo de baile latino sénior de UNED Pontevedra, conformado por maiores de 55 anos para celebrar o movemento, a música e o benestar a través da bailoterapia.
Down Vigo presentará A Maxia da Cor: un espectáculo multidisciplinar co que pór o foco na diversidade e a creatividade artística, toda unha viaxe emocional que levará ao público a través dun espectro de cores e emocións.
O evento internacional de disciplinas de baile Vigo Porté terá tamén representación neste escenario, dando a oportunidade a un nutrido grupo de novo talento de presentar a súa proposta coreográfica ante miles de asistentes.
Non podían faltar no Escenario Azucreira os DJ de La Duendeneta, xa un imprescindible para o público do festival; Señora DJ, coa súa proposta ecléctica sen complexos; ou o DJ, influencer e xornalista musical asturiano Oski.
Pola súa banda, a programación gastronómica do Showrocking comisariado por Pepe Solla conta polo momento con máis de vinte chefs que atesouran un total de dezanove estrelas Michelin.
A falta dalgúns nomes por confirmar, estarán Alberto Lareo, Andoni Luís Aduriz, Antonio Arrabal, Antonio Bachour, Camila Ferraro, Dani Carnero, Eduard Xatruch, Fabián Delgado, Francis Paniego, Héctor López ou Iria Espinosa e Luís Veira.
A iso súmanse Iván Cerdeño, Iván Domínguez, Lucía Grávalos, Maca de Castro, Óscar Vidal, Paco Roncero, Pepe Solla, Ricard Camarena, Viviana Varese e Yayo Daporta.