Os 'fíos do querer' de Cé Orquestra Pantasma introducen aos máis pequenos na música

Pontevedra
06 de xuño 2026

Foi no marco do programa Apego, deseñado para dar ferramentas aos pais para educar aos seus fillos en galego desde as idades máis temperás

Espectáculo 'Fíos do querer' de Cé Orquestra Pantasma
Espectáculo 'Fíos do querer' de Cé Orquestra Pantasma / Cristina Saiz

Voz, ukelele e un aparello sonoro ás súas costas. Con eses poucos instrumentos, Cé Orquestra Pantasma quixo actuar ante os máis pequenos da casa.

Para moitos, foi o seu primeiro espectáculo musical en directo.

Foi no marco do programa Apego, deseñado para dar ferramentas aos pais para educar aos seus fillos en galego desde as idades máis temperás.

Así, os xardíns do Doutor Marescot foron o escenario no que César Freiría representou ante numerosas familias o espectaculo 'Fíos do querer'.

A partir do personaxe de home orquestra, Cé Orquestra Pantasma ofreceu un formato musical apto para a sensibilidade da primeira infancia.

Nenos e nenas de 0 a 3 anos gozaron con cancións para acompañar as súas primeiras palabras, para dar bicos ou abrazos, facer palmas ou subir ao caballito.

Foi un obradoiro dividido en dúas partes.

A primeira, con música para xogar, cantar e bailar; e a segunda de exploración musical na que se usaron axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.

Con todo iso, a compañía logrou namorar a pequenos e grandes desde o comezo do espectáculo, que durou preto dunha hora.