Desde que participou no Benidorm Fest, alá por 2023, a popularidade de Karmento non deixou de crecer. E o público pontevedrés poderá comprobar de primeira man os motivos polos que se converteu nunha referencia do novo folclore español
A artista manchega actuará no Teatro Principal o venres 15 de maio, ás 21:00 horas. Farao dentro da xira de despedida do seu último álbum, La Serrana.
As entradas para este concerto, que se poden adquirir xa desde os 13,60 euros, están á venda a través da plataforma Ataquilla.com.
A traxectoria artística de Karmento comezou en 2012 cando decidiu irse a vivir á illa de Malta. Alí comezou a relacionarse con músicos internacionais e empezou a escribir as cancións que conformarían o seu primeiro álbum, Mudanzas.
A partir de 2020, coa publicación de Este devenir, considerado como un dos mellores de música de raíz do ano, comezou a atraer todas as miradas.
Participou no Benidorm Fest 2023 coa súa canción Quiero y duelo, chegando a ser unha das finalistas, e ao ano seguinte publica La Serrana, un traballo co que gañou o Premio da Academia da Música a mellor álbum folclórico.
Con La Serrana, Karmento arranca unha nova etapa na que dá un paso cara a un folclore máis vangardista, pero mantendo o seu máis pura esencia.
Nas dez novas cancións que conforman este novo álbum, inspiradas nas mulleres do seu pobo e na súa propia identidade, a artista profunda na súa raíz serrana nunha viaxe emocional e narrativa que atravesa a vida e a memoria da súa pertenza.