A Deputación de Pontevedra pon en marcha a iniciativa 'Instrumentos da memoria', que inclúe dez obradoiros en colexios de dez municipios de reto demográfico da provincia que terán lugar no mes de maio.
O deputado responsable de Cultura, Jorge Cubela, presentou este luns esta actividade deseñada con motivo da celebración das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras e á poesía popular oral.
A Deputación de Pontevedra activa este programa xunto á Fundación Legar, que é un referente na conservación e traballo coa música de raíz galega.
Segundo explicou Jorge Cubela, son representacións musicais didácticas co alumnado de centros escolares de municipios rurais ou menos poboados da provincia de Pontevedra.
"Imos percorrer de maneira lúdica, amena e participativa, a historia da nosa música de raíz, desde os instrumentos que teñen base na natureza até os que a teñen en ferramentas de uso cotián, así como a descubrir os nosos xéneros musicais", indicou.
O obxectivo, segundo sinalou Cubela, é "reflexionar sobre a creación musical na nosa terra e tamén sobre as nosas tradicións" e ao mesmo tempo "tratando de implicar os nenos no proceso de conservación do noso patrimonio cultural e musical".
Xavier Blanco e Martina Ferradás, da Fundación Legar, explicaron que, dunha maneira activa e participativa, realizarán un percorrido pola historia da nosa música, desde os instrumentos primitivos até os máis comúns hoxe en día.
As actividades comezarán o luns 12 de maio, no CEIP Marquesa do Pazo Da Mercé, As Neves; no CEIP Doutor Suárez, Fornelos de Montes e no CEIP Antonio Blanco Rodríguez, Covelo.
O martes 13 de maio serán os colexios CEIP Pedro Antonio Cerviño, Campo Lameiro e o CEIP Plurilingüe de Tenorio, Cerdedo-Cotobade. Para o mércores 14 de maio, o CEIP Plurilingüe de San Roque (Corón), Vilanova de Arousa e o CPI Domingo Fontán, Portas. O xoves 15 será no CEIP Montemogos (Beluso), Bueu.
E por último, o luns 19 de maio, o CEIP de Soutelo de Montes, Forcarei e o CEIP Ramón De Valenzuela (A Bandeira), Silleda.
Xavier Blanco é un referente na música tradicional galega e dedicou gran parte da súa vida a recompilar, preservar e difundir os coñecementos e expresións musicais que conforman a identidade cultural de Galicia.
Recoñecido como un auténtico "Mestre da Memoria" pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, foi galardoado co XIX Premio "IAR" de Folclore Galego.
Con máis de 40 anos dedicados a percorrer as aldeas e parroquias galegas, gravou e catalogado un vasto arquivo sonoro, rescatando músicas e danzas tradicionais que, en moitos casos, atopábanse ao bordo do esquecemento.
Blanco posúe unha das coleccións máis completas de instrumentos tradicionais galegos, con máis de 900 pezas. Ademais, é un artesán que constrúe e restaura instrumentos.

Presentación de 'Instrumentos da memoria'