O cantautor Javier Lago presenta este xoves 'Lagartos', o terceiro adianto musical do seu primeiro disco, que sairá publicado a principios de 2024.
Neste tema volve unir o seu talento co do produtor Raúl Ben. A letra da canción xorde dunha despedida despois da perda dun ser querido. A conversión en lagarto, segundo relata o cantante, permite vivir de forma máis sinxela, atopando a paz tomando o sol.
Os dous primeiros adiantos, 'Si me lo permiten' e 'Ligero' contaron co apoio dos seguidores do músico que financia, en parte, o seu próximo álbum a través dunha campaña de crowdfunding.
Javier Lago afirma que este tema reflicte o momento vital no que se atopa e promete que "toda persoa que o escoite atopará a súa canción".
Javier Lago (Vigo, 1996) ofrece temas cunha melodía vocal moi traballada e creou temas de referencia como 'El temblor' ou 'Nada tiene sentido', alegación contra o acoso escolar.