Jhonander, 'teloneiro' de WarCry na Peregrina; outros quince grupos estarán nos 15 Bolos

Pontevedra
15 de xuño 2015

Por terceiro ano consecutivo un grupo da escena musical emerxente de Pontevedra será o entrante do concerto que abrirá as Festas da Peregrina. Nesta ocasión, a cita será o 8 de agosto coa banda WarCry. Xunto a eles subirán ao escenario da praza de España os pontevedreses Jhonander

Concerto de La4Pared no ciclo '15 bolos' Diego Torrado

Por terceiro ano consecutivo un grupo da escena musical emerxente de Pontevedra será o teloneiro do concerto que abrirá as Festas da Peregrina. Nesta ocasión, a cita será o 8 de agosto coa banda WarCry. Xunto a eles subirán ao escenario da praza de España os pontevedreses Jhonander.

Así o confirmou este luns o Local de Música que, ademais, anunciou tamén o nome dos grupos que participarán este ano en 15 Bolos, unha iniciativa creada para que os grupos de música da cidade poidan actuar en diferentes rúas e prazas da cidade.

Como gran novidade, os concertos, que se celebrarán entre os días 27 e 30 de xullo, suman un escenario máis, a praza de Ourense, e cambian lixeiramente o seu formato. Haberá dous días (27 e 28 de xullo) no que tres bandas actuarán nas prazas da Verdura, Ourense e Méndez Núñez; mentres que nos outros dous (29 e 30 xullo), se organizará un microfestival na praza do Teucro.

O cartel definitivo de 15 Bolos é o seguinte:

Luns 27 de xullo

  • 19.00 horas, praza da Verdura: Cora Sayers.
  • 20.00 horas, praza de Ourense: La casa de los ingleses.
  • 21.00 horas, praza de Méndez Núñez: Rëisk.

 

Martes 28 de xullo

  • 19.00 horas, praza da Verdura: Australia Music.
  • 20.00 horas, praza de Ourense: The Soul Breakers.
  • 21.00 horas, praza de Méndez Núñez: Marvel.

 

Mércores 29 de xullo

  • 20.00 horas, praza do Teucro: microfestival con AnodhoR, Test Hammer, Skirl, Visceral Eyes e Qué Desilusión.

 

Xoves 30 de xullo

  • 20.00 horas, praza do Teucro: microfestival con AWARE, Enki, Kaootik e Champurrada.

 

Todos eles foron seleccionados durante unha reunión do xurado que se celebrou o pasado 23 de maio no propio Local de Música.