Kiko da Silva, gañador do Premio de IX Banda Deseñada Castelao

Pontevedra
30 de xuño 2014

O debuxante pontevedrés recibirá como premio 6.500 euros polo seu 'O inferno de debuxante', ademais da publicación da obra por parte da Deputación da Coruña

Kiko Dasilva no Garaxe Hermético

O debuxante pontevedrés Kiko da Silva foi elixido como gañador do IX Premio de Banda Deseñada Castelao que convoca anualmente a Deputación da Coruña.

A institución provincial escolleu o traballo O inferno de debuxante entre os 13 relatos presentados a concurso.

O inferno de debuxante conta a historia de Manuel Pardo, un ilustrador que nunca é capaz de publicar as súas creacións porque sempre se encontra con que outra persoa o fixo antes.

O Premio de Banda Deseñada Castelao está dotado cun premio económico de 6.500 euros e a publicación da obra por parte da Deputación.